Sábado 24.07.2010
GaliciaHoxe.com
MOVEMENTOS
A conciencia ambiental do país decide dar o salto á política
A portavoz dos Verdes europeos acode hoxe a Santiago para apoiar a creación do Partido Verde galego
R. FERNÁNDEZ
A consolidación dunha concienciación ambiental entre a cidadanía galega, xurdida especialmente tras a catástrofe do Prestige, provocou unha maior presenza da ecoloxía na axenda política. O “verde” vende e serve de reclamo para un sector do electorado cada vez máis preocupado polo medio no que vive. Mais, á hora da verdade, os temas ambientais limítanse a formar parte dos programas das formacións, que á hora de desenvolver as súas políticas priman os intereses económicos e partidistas por riba da conservación da natureza. Esta é a sensación que reina entre un bo grupo de cidadáns galegos que traballa por cambiar a tendencia, creando un espazo na política dende o que afrontar a problemática ambiental.
|
|
Campaña do Partido Verde Europeo promovendo o voto responsable nas eleccións ó Parlamento da UE |
O resultado deste traballo de-sembocará na próxima constitución do Partido Verde galego, que xa se atopa nas últimas fases previas á súa presentación oficial. “O noso obxectivo é artellar o movemento ecoloxista dándolle unha base política para tentar conseguir resultados reais. Ata agora, a preocupación ambiental dos líderes políticos sempre queda en meras declaracións. Nós non lle pedimos que fagan milagres pero si algo de coherencia”, explica José Balado, membro da Coordinadora Verde en Galicia. Tras a existencia de varias formacións amparadas baixo estas siglas, os promotores do novo partido, todos eles alleos ó mundo da polífica “profesional”, pretenden artellar un proxecto serio e duradeiro, que traballe man a man cos colectivos cidadáns e ecoloxistas do país e do Estado para dar lugar a un movemento potente en defensa do medio natural. De feito, os galegos formarán parte do Partido Verde Europeo -formado por 32 formacións ecoloxistas-, que na actualidade conta con 48 eurodeputados. Para ofrecerlle o seu apoio, a coportavoz do Partido Verde Europeo, Mónica Frassoni, reunirase hoxe en Santiago cos membros fundadores do novo partido e ofrecerlle a súa visión sobre o futuro deste ente en Galicia. De forma paralela, o embrión do partido xa se está a coordinar coas agrupacións estatais existentes, co obxectivo de superar a histórica división que reinou no ámbito ecolóxico dende o punto de vista político.
Conscientes das súas limitacións, o Partido Verde galego conformarase á marxe do calendario político, polo que a súa presenza nas municipais será pouco probable. “Pode que nos presentemos nalgún concello pero o noso obxectivo primordial é recoller os intereses ambientais da sociedade, darlle cobertura e conseguir avances nese eido”, indica Balado. Así, promoverase unha acción política verde como medio para que a sociedade galega poida informarse, formarse, crear contidos, comunicalos e participar activamente na súa consecución. “Queremos que o Partido Verde contribúa ó cambio social e ecolóxico que precisamos”, conclúe Balado.
http://www.galiciahoxe.com/politica-galicia/gh/conciencia-ambiental-do-pais-decide-dar-salto-politica/idEdicion-2010-07-24/idNoticia-572357/












Un partido verde sin apenas presencia en las municipales sería un disparate, queremos ver a Os Verdes gallegos presentando listas en O Porriño, Lugo, Ourense, Pontevedra y O Coruña, un poco de optimismo y mucho trabajo duro demandamos a los compañeros gallegos…