Outras estatísticas que ningún medio publicará xamais.
Nestas autonómicas poderían haber votado 2.312.963 persoas das cales votaron 1.629.555 que se corresponde co 70,45%. Do total de votos, segundo as nosas estatísticas, algo máis do 50% traeron os seus votos de casa, é dicir, non o colleron in situ. Con este dato queremos destacar dúas cousas: a primeira, que é obvia; os partidos “minoritarios” só poderiamos ter acceso a uns 800.000 votos o cal non parece moi democrático. E a segunda e máis lamentable é que os envíos masivos que fixeron os chamados tres grandes, correron a conta dos impostos de todos nós. Se calquera de nós enviamos unha carta desde correos, estes cóbrannos 24 céntimos no área urbana e fóra da mesma 31 céntimos, pois ben, os partidos políticos pagan o prezo simbólico de 0′6 céntimos, 1 pela das de antes, por envío. Ese importe é irrisorio para un partido “grande” pero imposible para un minoritario e xa postos a poñer un prezo simbólico que sexa de balde. A cuestión é, quen paga o resto do importe?, se correos non é, quen será?. Pois si, acertastes, os de sempre, é dicir, o pobo cos seus impostos. Estes gastos inclúeos unha partida dos orzamentos xerais do Estado. Agora imos botar cálculos, é fácil, só é multiplicar, veña ánimo; máis de 2 millóns de votantes potenciais, por 3 partidos que fixeron uso do correo masivo, por algo máis 20 céntimos que cortesmente pagamos os contribuíntes, dános 1′5 millóns de €uros, que manda carallo, daría para pagar 4 super vehículos para Touriño e seguro que non moitos máis para Feijoo. A diferenza é que o vehiculo oficial é para toda a lexislatura (adoitan ser de 4 anos, non vaia ser que se deixe de cotizar algún mes á Seguridade Social) e o gasto electoral dos envíos é tan só para un día.
Máis cousas do chiringuito antidemocrático que teñen montado os partidos “grandes”. Nós non imos facer máis comentarios acerca do reparto de deputados inxusto que outorga a Lei D’hont, diso xa se encargan os de EU. Nós, de momento, preferimos fixarnos no corte do 5% imposto en anteriores gobernos do PP por Fraga. Este corte, que no resto de Autonomías é do 3%, ao marxe da súa inxustiza xa que o PP non trata aos galegos como o resto dos españois, aquí tense menos en conta a opinión dos seus cidadáns, arroxa nesta campaña os seguintes resultados:
Circunscrición Votos necesarios Formación que se levou Nº votos Escano que lle
para superar o 5% o último deputado corresponde co 3%
A Coruña 32.130 PSdeG 23.746 O 17 dos 24 totais
Pontevedra 27.157 PSdeG 22.920 O 17 dos 22 totais
É dicir, se un partido nestas eleccións quitase 32129 votos na Coruña non obtería ningún deputado co sistema actual do corte ao 5%, sen embargo, co corte ao 3% corresponderíalle o deputado número 17 dun total de 24 deputados, mentres que o PSOE levouno con 8382 votos menos.
Evidentemente beneficia aínda máis aos partidos “grandes”, está claro se temos en conta que durante estes últimos 4 anos o bipartito tampouco pronunciouse. Por certo, que pensarían os do BNG se agora poñen o corte no 18%?. Seguro que achegan argumentos legais para impedilo.
Moita sorte a todos e o próximo artigo versará sobre canto lles custa realmente a campaña aos partidos políticos. Nós xa estamos recollendo información, se alguén ten a oportunidade de conseguila que nola facilite.
Moitas grazas.










Comentarios Recentes