As Mulleres no 8 de marzo
Nacer muller, home ou transexual non debería supoñer hoxe en día ningunha barreira para que a persoa se puidese desenvolver plenamente sen ningún tipo de corsé.
Sen embargo a realidade cotiá deixa moito que desexar, aínda no noso país ser muller con frecuencia supón ter que romper unha serie de barreiras, aquí non nos extirpan o clítoris, pero nos esburacan as orellas e moitas veces edúcannos nunha serie de normas non escritas que nos predispoñen na nosa madurez, modelando o noso cerebro infantil. É certo que tamén se exerce esa presión sobre os homes, só que a eles se lles condiciona para outro tipo de valores.
Cando tomas conciencia diso, sobre todo ás mulleres da miña idade, supónnos moito máis que un reto persoal, cambiar a nosa actitude e da sociedade.
Supón cambiar os costumes, as leis (dotalas economicamente) e os comportamentos das mulleres e dos homes: Non etiquetar que cada persoa non estea pre-condicionada.
Pero a nosa visión do conxunto das mulleres no mundo fainos ser solidaria con aquelas que padecen todo tipo de sometementos e vexacións, é necesario que lles cheguen os dereitos das mulleres europeas, e a que voten, que teñan acceso á educación, a un traballo ou a gozar da súa propia sexualidade, que elixan cando queren ser nais, é moitas veces unha utopía.
Para iso é necesario que se invista máis en alfabetizar, ter auga potábel e se acabe co fraudulento uso da relixión para xustificar considerarnos persoas de segunda clase.
Os valores femininos e masculinos deberían ser reconsiderados, toda vez que se xustifica a competitividade como valor masculino e como mérito para a supervivencia da especie, que foi adoptado polo capitalismo e que nos está levando ao desastre.
A colaboración e a solidariedade son valores da natureza, se non se colaborase moitas das especie non poderían saír adiante, hai moitos exemplos que non se queren ver na nosa sociedade. Creouse un mito diso. Poñerei un exemplo: A balea Franca aparease con 3 machos que colaboran entre eles xa que son necesarios dous para soportar e manter a flote á parella que copula, logo os machos turnanse, co que a femia (que é de maior tamaño) ten máis posibilidades de quedar embarazada.
A ética do coidado da vida, séntese máis próxima por parte da poboación feminina (protección dos seres vivos) se opón, así, á esencia agresiva da masculinidade. As mulleres do terceiro mundo foron as que estiveron máis perto do traballo coa Terra e foron as mulleres as que máis alzáronse para defender a Natureza (mulleres Chipko, Vandana Shiva), adquiriron conciencia de grupo e posteriormente continuaron loitando contra a violencia doméstica e pola participación política.
Mentres, no primeiro mundo a publicidade xera estereotipos femininos que converten á muller nun ben de consumo cuxo modelo de beleza e benestar fana presa de produtos e servizos como resposta á súa insatisfacción para conseguir o recoñecemento social (incluída a cirurxía estética), contra isto naceu un feminismo que buscou unha xinecoloxía alternativa fronte aos tratamentos invasivos de médicos e grandes laboratorios farmacéuticos.
Nosa autoconciencia como especie humana ten que avanzar para a igualdade de mulleres e homes entrementres partícipes non só da Cultura senón tamén da Natureza. Isto inclúe tanto a integración das mulleres, como a plena aceptación no propiamente humano daqueles elementos desprezados e marxinalizados como femininos (os lazos afectivos, a compaixón, a materia, a Terra). Obter unha visión máis realista da nosa especie como parte dun continuo da Natureza e, consecuentemente, tratar aos seres vivos non humanos co respecto que merecen. Superar o sexismo, o androcentrismo, o racismo e o antropocentrismo son as metas que hoxe ten por diante o feminismo.
Rosa Burgos Pérez
www.verdesaragon.org










Rosa tiene mucha razón, nos falta mucho para superar el sexismo, ahora mismo hay quien opta por la selección de embriones porque quiere un varón, y eso ocurre en los paises avanzados en donde se supone que la ley consagra la igualdad.
Las mujeres el nueve de junio, elecciones europeas. De mujeres hay pocas en la cabecera, exactamente seis de las treinta y cinco candidaturas dejan ese espacio a las mujeres. Y los Verdes estamos en esa linea, porque Kristien Lesage encabeza la lista de Los Verdes Grupo Verde Europeo.
Y recuerda más vale un voto en verde, que un voto en blanco, nulo o la abstención.
A ver si conseguimos hacer realidad entre todas eso del Green New Deal, un pacto ecológico para todo el planeta desde Europa que nos facilite la salida de la crisis ecológica, nos aleje del cambio climático y lleve a la creación de millones de trabajos verdes y sostenibles posibilitados por la transición de un modelo energético basado en el carbón, el petroleo y lo nuclear hacia las energías renovables.