Enlaces

Arquivos

Agradecementos

Desde Os Verdes queremos agradecer ao PACMA a súa colaboración e participación, tamén queremos agradecer o apoio de todo o electorado a pesar da campaña tan rastreira que acabamos de vivir. Rastreira non soamente polo feito das frases desmedidas e falsas que desde todos os bandos se dixeron, se non tamén, en peor medida a noso entender, polo reiterado chamamento ao voto útil (como sempre cun interese claro de terxiversar o seu significado) que tanto dano nos fai.
Queremos agradecer todos e cada un dos votos recibidos, en especial a aqueles colectivos que peor o están pasando coa crise tan aguda que desgrazadamente esta acontecendo como son os desempregados, e os xubilados, que lamentablemente a maioría dos mesmos chegan con severas dificultades a final de mes. Tampouco queremos esquecernos dos mozos que intentan formar parte do mundo laboral coa dificultade engadida da crise. Tamén dar moitos ánimos a aquelas familias que sobrelevan esta situación co seu labor, esforzo e traballo. Queremos tamén agradecer as mostras de cariño e afecto de moitos simpatizantes que así nolo fixeron saber a través de noso e-mail. Por último, incidir en que o proxecto político verde en Galicia está agromando novamente, este rexurdimento debe contar coa maior colaboración posible de todos aqueles que se consideren verdes, como saberedes só nos presentamos en Pontevedra e A Coruña, en ningún caso queremos discriminar ou diferenciar a Lugo e/ou a Ourense pero a realidade é a que hai e por desgraza non contamos cos apoios suficientes. Gustaríanos, como non podería ser doutra maneira, habernos presentado en toda a Comunidade. Non queremos faltar á veracidade, a realidade verde é moi dura temos moito traballo por diante que queremos afrontar con todos e cada un dos verdes, que sabemos que estades aí, que empatizan na nosa comunidade. Podedes pensar que é un chamamento desesperado, un SOS, pois o é, agora esta planta que esta agromando esta recibindo mimo, cariño, sustento e auga pero temos catro anos por diante ata as seguintes autonómicas e non queremos que se deixe morrer e non reciba todos os aportes necesarios durante estes catro anos, necesitamos a vosa colaboración activa; se puidésemos escoller prefeririamos 0 votos e 5.600 persoas colaborando co proxecto.
MOITAS GRAZAS E SUPOÑO QUE RESULTEI ALGO/BASTANTE PESADO PERO A SITUACIÓN REQUÍREO.

Leave a Reply

 

 

 

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>