Os Verdes acusa a Feijóo de usar diñeiro publico para a campaña
Ana González, candidato de Os Verdes Grupo Verde pola circunscrición de Pontevedra sinalou que ” a denuncia de Feijóo contra Quintana polo uso de diñeiro público para facer a campaña é a propia de alguén que asume o papel de Tartufo nestas eleccións.”
Francisco Vicente, candidato pola circunscrición da Coruña manifestou que “en efecto tanto a campaña do PsdeG como a do BNG como a do PPdeG de Feijóo están pecando polo mesmo defecto, e é que as subvencións que en Correos están recibindo os seus envíos masivos de propaganda electoral que inundan as caixas de correo galegos, sobres que pesan entre 15 e 18 gramos proveñen dos impostos que todos pagamos.”
Os candidatos ecoloxistas de Os Verdes explicaron que a cantidade de papel chuchado nunha “campaña tradicional” como a que se está levando a cabo en Galicia supoñen o consumo dun bosque inmenso, tantos árbores cortados para empapelar aos electores que se van refuxiar masivamente na abstención, aínda que o voto a Os Verdes pode ser outra opción para castigar tanta hipocrisía.










Non só pasa en Galicia, o mesmo sempre que hai eleccións, unha desproporcion que converte en pouco equitativa a xusta competencia entre os partídos… Hai que compensar cos recursos da imaxinación.
A financiacion irregular dos partidos, a falta de recursos propios e a ausencia de escrupulos levan ás veces a recurrir a fórmulas expeditivas para afrontar os procesos electorais.