Enlaces

Arquivos

MOBILIDADE SOSTÍBEL SLOW

OS VERDES APOSTAN POR UNHA MOBILIDADE SOSTÍBEL “A VELOCIDADE DE BICICLETA”

OS CANDIDATOS DE OS VERDES POLA CORUÑA E PONTEVEDRA, DERON UN PASEO EN BICI E EXPLICADO A APOSTA DO PARTIDO ECOLOXISTA POR UNHA MOBILIDADE SOSTÍBEL, TAXANDO FISCALMENTE O TRANSPORTE VEHICULAR PRIVADO E FOMENTANDO UN TRANSPORTE PÚBLICO, COLECTIVO E LIMPO. TAMÉN REIVINDICARON O PAPEL DA BICICLETA, PROPOÑENDO A CONSTRUCIÓN DUNHA REDE DE BICI CARRÍS FUNCIONAL E UN SERVIZO DE ALUGUER DE BICICLETAS A GRAN ESCALA.

PONTEVEDRA. 24.02.2009. OS VERDES ENTENDE QUE A HUMANIDADE SE ATOPA NUNHA DOBRE ENCRUCILLADA: O DESAFÍO DO CAMBIO CLIMÁTICO E O TEITO DO PETRÓLEO. Perante esta realidade moi vinculada coa mobilidade das persoas, o coche e o seu uso irracional non parecen desde logo unha solución axeitada, xa que provocan un aumento constante de emisión de gases de efecto invernadoiro e un consumo acelerado das reservas de petróleo.

A mellora da eficiencia enerxética dos automóbiles non ten ningún efecto fronte ao crecemento continuo das vendas e das novos e custosas infraestruturas viarias, posto que estas mesmas chaman a máis tráfico. Doutra banda, a substitución milagrosa do ouro negro por novas fontes de enerxía tampouco resolve o problema, senón que alimenta a crenza na técnica todopoderosa, motor esgotado do progresismo desarrollista. Os agro combustibles entran en competencia directa coas superficies destinadas á alimentación humana e á biodiversidade natural. En palabras de FRANCISCO VICENTE, CABEZA DE LISTAS POLA CORUÑA, “/digámolo claramente: UN SISTEMA DE MOBILIDADE BASEADO NO COCHE PRIVADO NUNCA SERÁ LIMPO NIN SOSTÍBEL. Como primeiro paso, expoñemos unha REFORMA DA FISCALIDADE: taxando os coches particulares que emiten máis de 120 g/km de C02, tal e como expón o Parlamento europeu/”. Continúo “/Os Verdes propoñemos a creación, como en Londres ou Estocolmo, de PEAXES URBANOS para diminuír a conxestión do tráfico e transmitir o verdadeiro prezo económico do uso do coche para a comunidade e a natureza. Ao mesmo tempo, INTEGREMOS O SECTOR DOS TRANSPORTES DE MERCANCÍAS AO MERCADO DE C02 E TAXEMOS OS BENS PRODUCIDOS SEGUNDO OS QUILÓMETROS PERCORRIDOS/”. Pola súa banda, ANA GONZÁLEZ, CABEZA DE LISTA POR PONTEVEDRA, comentou que “/estas novas fontes de ingresos públicos, propoñemos invertirlas na súa totalidade na CONSTRUCIÓN DUN MODELO DE MOBILIDADE ALTERNATIVO E SOSTÍBEL, PRIVILExIANDO OS MODOS DE TRANSPORTE LIMPOS, PÚBLICOS E COMPLEMENTARIOS. Financiemos novas liñas e servizos de autobúses, tranvías, metros ou trens de cercanías máis frecuentes e regulares, a sitios máis afastados/”.

Ana González explicou como neste novo marco, “/A BICICLETA OCUPA UN LUGAR CENTRAL, xa que a metade dos desprazamentos urbanos en coche realízanse en percorridos menores de tres quilómetros cunha soa persoa por vehículo/”. O partido ecoloxista propón desenvolver medidas para conseguir un USO DAS BICICLETAS ORIENTADAS AOS TRAXECTOS DOMICILIO-TRABALLO. Segundo Francisco Vicente “/é imprescindible unha REDE DE carrís bici BEN INTERCONECTADA E QUE SEXA FUNCIONAL, que permita acceder con certeza a todas as zonas das cidades e que interconecten pobos próximos./” Así mesmo, Ana González explicou a proposta de Os Verdes de “/instaurar un SERVIZO PÚBLICO DE ALUGUER DE BICICLETAS A GRAN ESCALA, como poden haber en cidades como París e Lyón, situados en estacións intermodales: saídas do tren, do metro, do tranvía, do autobús ou dos aparcamentos disuasorios nos arredores das cidades. A COMPLEMENTARIEDADE DOS DIFERENTES MODOS DE TRANSPORTE É CLAVE, E O BILLETE ÚNICO A UN PREZO MOI ACCESIBLE en toda a rede é unha pedra angular que complemente os outros servizos públicos de transporte/”.

Leave a Reply

 

 

 

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>